A audiodescrición (AD) é unha modalidade de TAV que permite á audiencia cunha discapacidade visual acceder a producións audiovisuais (cinema, televisión, artes escénicas e museos); é unha forma de transferencia intralingüística e interlingüística. A AD tradicional para contidos audiovisuais dinámicos consiste na descrición da imaxe (personaxes, vestiario, escenarios, etc.), que se introduce nas pausas do diálogo sen interferir cos efectos de son ou música da produción. Ao ofrecerlle ao público o contido completo da produción desta maneira, este pode entreterse, reflexionar e experimentar as emocións que que a produción expresa. A nosa prioridade dende GALMA é derrubar as barreiras lingüísticas e sensoriais; defendemos que é posible integrar a audiodescrición como medida de accesibilidade nunha produción audiovisual dende o comezo, nun proceso colaborativo que inclúa cineastas, produtoras, guionistas, profesionais da TAV, audiencias con e sen perda visual. Este estilo de AD integrada explorouse como un catalizador creativo que mellora a experiencia artística de todo o público.


Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top