A dobraxe é o modo de tradución audiovisual maioritario en numerosos países, como España; consiste na substitución dos diálogos orixinais gravados na lingua orixe por outra pista de audio que conteña os mesmos diálogos gravados na lingua meta. Malia ser unha práctica consolidada e antiga, existen varias cuestión que aínda cómpre abordar, por exemplo: a actual ausencia de guías ou convencións homoxéneas para os estudios de dobraxe no relativo ao uso de símbolos, segmentacións ou formato e en termos de expresión prosódica. O segundo problema garda relación coa calidade do produto final, que ás veces se ve afectada pola falta de integración das diferentes fases do proceso de dobraxe. Cremos que o modelo de produción cinematográfica accesible pode ofrecer grandes beneficios á dobraxe, converténdoa nunha reflexión previa e non de última hora no proceso de produción. Isto ofreceríalles ás persoas creadoras de contidos audiovisuais a oportunidade ter un maior control sobre a versión final noutra lingua e superar posibles dificultades que xurdan en fases posteriores.



Artigos relacionados:

Chaume, F. (2004). Film Studies and Translation Studies: Two Disciplines at Stake in Audiovisual Translation. Meta 49(1), 12-24. https://www.erudit.org/fr/revues/meta/2004-v49-n1-meta733/009016ar.pdf

Chaume, F. (2007). Quality standards in dubbing: a proposal. TradTerm 13, 71-89. https://www.revistas.usp.br/tradterm/article/view/47466/51194

Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top