A interpretación en lingua de signos permite á comunidade xorda signante ter acceso a contidos audiovisuais sonoros na súa propia lingua. As linguas de signos, como a lingua de signos española, a británica (British Sign Language) ou a estadounidense (American Sign Language), son linguas recoñecidas legalmente e sen relación coa lingua maioritaria falada nos seus países, polo que, para persoas xordas signantes, a lingua maioritaria falada é, en realidade, unha lingua estranxeira. Amais disto, os niveis de alfabetización na comunidade xorda adoitan ser relativamente baixos. As investigacións amosan que, como resultado, as persoas xordas, que non se poden apoiar na escoita, teñen dificultades para seguir subtítulos.

Grazas a unha persoa intérprete en lingua de signos, unha persoa profesional familiarizada, así mesmo, coa cultura e necesidades de comunicación da comunidade xorda signante, a información se presenta de xeito visual na primeira lingua destas persoas xordas. No contexto audiovisual, a interpretación en lingua de signos adóitana ofrecer intérpretes ou profesionais da tradución xordos que interpretan texto escrito a partir dun teleprompter. Se se lle dá ao persoal intérprete acceso ao guión e información adicional, sobre todo a relacionada con aspectos visuais, con antelación, garántese unha interpretación clara e completamente accesible. Así mesmo, merece unha atención especial a maneira na que se presenta ao ou á intérprete na pantalla, xa que tamén influirá en como entenda a audiencia a interpretación.



Referencias:

Stone, Christopher (2007) Deaf access for Deaf people: the translation of the television news from English into British Sign Language, in J. Díaz Cintas, P. Orero & A. Remael (eds.) Media for All: Subtitling for the Deaf, Audio Description, and Sign Language, Amsterdam: Rodopi, p. 71-88.

Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top