Equipo

Kate é estudante do programa de doutoramento en Translation Studies (Estudos de Tradución) na University of Roehampton, a súa investigación céntrase na iniciativa da cinematografía accesible (accessible filmmaking). Para a parte práctica do seu traballo, Kate deseñou e presentou o proxecto de cinematografía accesible The Accessible Filmmaking Project, en colaboración coa organización benéfica británica Sense, financiada polo British Film Institute (Instituto Británico de Cine). En 2017, proxectouse unha curtametraxe sobre o proxecto no museo Victoria and Albert en Londres, como parte do festival Open Senses.

Outros proxectos de cinematografía accesible inclúen colaboracións con Sense e o estudio Wayne McGregor, o festival Open Senses, o artista xordocego Marcus Innis, o hospital oftalmolóxico Moorfields, a empresa musical BitterSuite, o Centre for Voluntary Sector Leadership (centro de investigación en liderado no sector de voluntariado, Open University) e o estudio PAL.TV.

Tamén nun contexto de cinematografía accesible, Kate participa na presentación do libro A Blind Bit of Difference, escrito e dirixido por Amy Neilson Smith e financiado polo Consello das Artes (Arts Council). Tamén traballa en colaboración con Zara-Jayne Arnold no documental e proxecto teatral Not Disabled Enough, parcialmente financiado pola empresa teatral británica Extant, de e para persoas con discapacidade visual.

 





Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top